Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2018 Páx. 30109

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente de expropiación forzosa para a obtención do sistema local viario na rúa Marola.

A Xunta de Goberno Local que tivo lugar o 23 de marzo de 2018 acordou:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa para a obtención de sistema local viario na rúa Marola. O importe deste proxecto de expropiación ascende ao importe de 7.132 € e existe crédito adecuado e suficiente no orzamento de 2018 con cargo á aplicación 30.151.600.05.

Segundo. Optar polo procedemento de taxación conxunta para a tramitación do expediente.

Terceiro. Requirir os interesados titulares de bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios deles».

De conformidade co disposto no artigo 118.2 e 3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o citado expediente exposto estará ao público polo plazo dun mes para que aquelas personas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no concernente á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Para estes efectos, indícase que o expediente se pode consultar durante o prazo dun mes nas dependencias da Área de Urbanismo (praza Indalecio Prieto, nº 1, Antigo Cuartel de Intendencia), de luns a venres.

A Coruña, 3 de abril de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto 2964/2017; BOP do 13 de xullo)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde de Rexeneración Urbana
e Dereito á Vivenda e Mobilidade Sostible