Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2018 Páx. 30097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se acorda publicar a Resolución do 14 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, sobre cesión de terras sobrantes na zona de concentración parcelaria do Pereiro-As Oiras (Alfoz) ao Concello de Alfoz.

O Acordo de concentración parcelaria da zona do Pereiro-As Oiras (Alfoz-Lugo) foi aprobado pola dirección xeral competente por razón da materia con data do 1 de agosto de 2008, publicado e notificado na forma legalmente establecida, e atópase na actualidade pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Alfoz solicitou a cesión da titularidade dos predios que a seguir se indican:

• Predios nos 199, 268, 435, 561 e 628 para depósitos de madeira.

• Predios nº 379 para ampliación do cemiterio.

• Predios nº 408 contorno da igrexa do Pereiro.

• Predios nº 612 contorno da igrexa das Oiras.

Vista a proposta da Xunta Local da zona, a disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia; a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973; a Lei 10/85, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificado pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Á vista dos destinos para os cales se solicitan os referidos predios e respecto dos cales son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral

RESOLVE:

1º. Modificar o Acordo de concentración parcelaria da zona do Pereiro-As Oirás (Alfoz-Lugo), no sentido de adxudicar ao Concello de Alfoz a titularidade dos predios nos 199, 268, 379, 408, 435, 561, 612 e 628 –que causan baixa no fondo de terras da zona– para seren destinadas aos fins que se recollen na parte expositiva da presente resolución.

2º. Transcorridos cinco anos desde a cesión das propiedades sen que os predios fosen destinados aos fins para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá sobre o fondo de terras ou masa común da zona, o patrimonio da comunidade autónoma, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou outra entidade que corresponda, segundo o caso.

Lugo, 31 de maio de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo