A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores número PO-02523-O-2017 e un máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.
Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.
Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.
No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
Pontevedra, 1 de xuño de 2018
José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra
anexo
Expediente Matrícula |
Denunciado DNI/CIF |
Infracción denunciada Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
PO-02523-O-2017 7332-FFJ |
Ángel Luis Dordi Mendes 34988553X |
Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta, ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou no caso de que esta non figure en poder seu. 24.5.2017; 16.23; AP-9; 137,5 |
Artigo 140.22 da LOTT |
Artigo 143.1.h) da LOTT |
2.001 euros |
PO-02548-O-2017 7332-FFJ |
Ángel Luis Dordi Mendes 34988553X |
A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando. |
Artigo 140.35 da LOTT |
Artigo 143.1.g) da LOTT |
1.001 euros |