Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2018 Páx. 30019

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2018, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se modifica a inscrición da Asociación Hermandad de Caballeros Santiago no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Resolución.

Feitos.

A Hermandad de Santiago de Chile Amigos del Camino de Santiago presenta unha solicitude de cambio de denominación da asociación inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 28 de mayo de 2018.

A solicitude foi presentada segundo o modelo que figura como anexo II, denominado «composición do órgano de dirección da entidade solicitante».

Fundamentos de dereito.

É de aplicación especificamente ao procedemento a seguinte normativa:

• Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

• Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

O artigo 23 deste último decreto regula que «para a súa inscrición no rexistro as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste».

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 8 de xuño de 2018 sobre a solicitude en que se constata que a entidade segue perseguindo os objectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, e se concreta unicamente nun cambio de denominación e os demais datos son idénticos a como constan na inscrición en vigor.

Resolvo que a anteriormente denominada Hermandad de Caballeros Santiago, inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción del Camino de Santiago con el número 213, pasa a constar como:

Asociación Hermandad de Santiago de Chile. Amigos del Camino de Santiago.

Réxime de recursos.

A presente resolución pon fin á vía administrativa. Contra ela poderase interpoñer potestivamente recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén pode ser impugnada directamente cun recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a recepción desta notificación, perante esa orde xurisdicional.

En ningún caso se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que o recurso de reposición, de ter sido presentado, sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta. O anterior, de acordo co que dispoñen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2018

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 14.3.2018)
Mª Carmen Martínez Insua
Directora xeral do Patrimonio Cultural