Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial da Consellería de Infraestructuras e Vivenda de Pontevedra.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 31 de maio de 2018
María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
CIF |
Acto obxecto de notificación |
ES-P-0059/17 |
Aurora Fesser Roca |
...505J |
Resolución |
ES-P-0076/17 |
María Begoña Fernández Soutelo |
...537G |
Resolución |