Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2018 Páx. 30102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 4 de xuño do 2018 polo que se somete a información pública a solicitude presentada pola empresa Puerto Deportivo de Baiona, S.A., para a modificación da concesión de construción e explotación dunhas instalacións para a navegación recreativa no porto de Baiona (expediente 13-28-00-C-1).

O día 19 de marzo de 2018 o presidente de Portos de Galicia, con base no Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, acordou iniciar o trámite de modificación da concesión outorgada á empresa Puerto Deportivo de Baiona, S.A., para a construción e explotación dunhas instalacións para a navegación recreativa no porto de Baiona.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia