Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2018 Páx. 29817

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2018 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 21 de decembro de 2017, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual.

Con data do 29 de decembro de 2017, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 21 de decembro de 2017, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual.

As subvencións previstas na citada convocatoria, con cargo á aplicación orzamentaria 08.80.451A.760,1 tiñan o seguinte reparto plurianual:

Anualidade 2018: 108.332 euros.

Anualidade 2019: 840.000 euros.

A día de hoxe xa está esgotado o crédito asignado, pero aínda hai solicitudes sen conceder.

O artigo 27.3 da Orde do 21 de decembro de 2017, prevé a ampliación do crédito asignado mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), de conformidade co establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Neste artigo 30 establécese a posibilidade de ampliación cando o crédito veña derivado da existencia de remanentes doutras convocatorias con cargo a créditos incluidos en programas do mesmo servizo.

Como resultado dunha resolución de renuncia a unha das concesións a cargo das axudas para o mesmo programa da convocatoria do ano 2017 resulta un remanente de 159.474,99 euros, que se poderían aplicar a novas concesións.

De conformidade co artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 27.3 da Orde do 21 de decembro de 2017 é competente para ditar esta resolución a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS

Polo exposto,

RESOLVO:

Único. Ampliar a dotación orzamentaria da Orde do 21 de decembro de 2017, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual.

O incremento da dotación será de 159.474,99 euros para a anualidade de 2018 con cargo á aplicación orzamentaria 08.80.451A.760.1, polo que a contía máxima das subvencións que se poderán conceder con cargo á citada anualidade será de 267.806,99 euros.

Esta ampliación non implica a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo máximo para resolver.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo