Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2018 Páx. 29680

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (SSS 904/2014).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 904/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Jesús Viqueira Paz contra Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, mutua colaboradora coa Seguridade Social nº 201, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, administración concursal de Sumtec e Sumtec, sobre Seguridade Social, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Francisco Jesús Viqueira Paz contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Sumtec, S.L. e a administración concursal de Sumtec e, en consecuencia, debo absolvelos dos pedimentos formulados na súa contra».

Para que sirva de notificación en legal forma a Sumtec, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza