Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2018 Páx. 29678

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 298/2018-IG).

Eu, Mª Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 298/2018 desta sección, seguido por instancia de María del Carmen Barreiro Quintela, Sheila Romero Barreiro, Paula Romero Barreiro, Lorena Romero Barreiro contra o Instituto Social Mariña, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fletainvest, S.L.U., Grupo Oya Pérez, S.L., Combaroya Fishing (PTY) LTD, Heroya, S.A., Oya Pérez Juana, S.A., Altamar Heroya Primero Limited, Fragana Fishing (FTY) LTD sobre xubilación, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Mª Carmen Barreiro Quintela, Sheila Romero Barreiro, Paula Romero Barreiro e Lorena Romero Barreiro contra a sentenza de data 11.9.2017 ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña no procedemento nº 169/2015 sobre pensión de xubilación, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Oya Pérez, S.L., Combaroya Fishing (PTY) LTD, Heroya, S.A., Oya Pérez Juana, S.A., Altamar Heroya Primero Limited e Fragana Fishing (FTY) LTD, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza