Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2018 Páx. 29734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 31 de maio de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Forno e Casa da Prensa a favor dos veciños da parroquia de Trasalba (San Pedro), no concello de Amoeiro.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 21 de febreiro de 2018, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: O Forno e Casa da Prensa.

Superficie: 71 m2.

Pertenza: CMMVVMC de Monte Asnal.

Parroquia: Trasalba (San Pedro).

Concello: Amoeiro.

Descrición das parcelas que constitúen o monte:

Os terreos obxecto da solicitude constitúen un único couto redondo formado polas dúas parcelas catastrais seguintes:

Concello

Polígono

Parcela

Referencia

catastral

Superficie

catastral

Sup.

clasificación

Uso principal

Amoeiro

59

235

32003A059002350001UY

30 m2

30 m2

Residencial

239

32003A059002390001UL

41 m2

41 m2

Relixioso

Estremas: estes terreos atópanse rodeados por unha estrada e camiños sen referencia catastral, segundo os datos catastrais consultados na Dirección Xeral do Catastro.

Os terreos atópanse ocupados case totalmente por dúas edificacións e non forman parte de ningún monte veciñal en man común, dos clasificados como tales ata a data nin en trámites de clasificación, e non están afectados por convenios ou consorcios para a xestión forestal por parte da Administración. Non afecta tampouco terreos catalogados como montes de utilidade pública. Están localizados a carón do MVMC O Coto, clasificado como monte veciñal en man común, pertencente á mesma comunidade, por acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común do 9 de xuño de 2016.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 31 de maio de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense