Por esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que no anexo se relaciona a resolución do expediente sancionador OU-S-56/2017, do xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar.
O interesado poderá recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias da Área Provincial de Turismo; rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, de Ourense.
Contra a dita resolución, que non esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de alzada, perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Todo isto, sen prexuízo de que o interesado poida interpoñer calquera outro que xulgue oportuno.
De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme e deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior.
O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).
Ourense, 7 de xuño de 2018
Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense
ANEXO
Expediente: OU-S-56/2017.
Titular sancionado: Camilo Otero Casas.
Establecemento: Meu Ar.
Domicilio: Chamoso Lamas, 8.
Localidade: O Carballiño.
Resolución: 12 de xaneiro de 2018.
Tipificación da infracción: artigo 109.2.a), 109.2.b) e 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.
Sanción: catrocentos cincuenta (450) euros.