Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2018 Páx. 29750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 6 de xuño de 2018, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a proposta de Resolución do 25 de abril de 2018, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-236/17 por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a proposta de resolución de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido efectuarse a notificación.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes perante o instrutor do procedemento, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nos locais da Área Provincial de Turismo da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, sitos na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, A Coruña, en horario de atención ao público, e a obter, de ser o caso, as copias que consideren oportunas, de acordo co artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 6 de xuño de 2018

A xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
P.S. (Resolución do 9.5.2018)
Mª Teresa Zas Candame
Xefa da Sección Turismo I

ANEXO

Expediente: AC-263/17.

Denunciado: Jomi Hostelería, S.L.

NIF: B70406897.

Establecemento: Lombiña.

Enderezo: Praia de Cabío, s/n.

Localidade: A Pobra do Caramiñal.

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011.

Proposta de resolución: 25 de abril de 2018.

Sanción: multa de tres mil seiscentos un euros (3.601 €).

Importe da multa coa aplicación do 20 % de desconto: dous mil oitocentos oitenta con oitenta céntimos de euro (2.880,80 €).

Importe da multa coa aplicación do 40 % de desconto: dous mil cento sesenta con sesenta céntimos de euro (2.160,60 €).