Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2018 Páx. 29724

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 1 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017129AL-LU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 11 de maio de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 2017129AL-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Chicken World, S.L.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a Chicken World, S.L. o contido da citada resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Consonte co establecido no artigo 85.3 da Lei 39/2015 e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo contra a resolución no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación de esta cédula, ante o Xulgado ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que corresponda, segundo os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998.

Así mesmo, comunícaselle que, de optar por presentar o recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, perderá o dereito a redución aplicada.

Lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, en Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cèdula publícase para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 1 de xuño de 2018

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2017129AL-LU.

Interesada: Chicken World, S.L.

CIF: B27365550.

Último enderezo coñecido: rúa Eijo Garay, 5, 27880 Burela.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: dúas infraccións leves, tipificadas no artigo 51.1 parágrafos 1º e 10º da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

Sanción imposta: oitocentos euros (800,00 €), resultante de aplicar a redución do 20 %, recoñecemento de responsabilidade, sobre o importe da sanción proposta no acordo de inicio.