Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2018 Páx. 29635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 28 de maio de 2018 polo que se notifica o apercibimento previo á execución subsidiaria derivada do expediente sancionador en materia de dominio público hidráulico DH.D36.08189.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles a Carmen Soto Domínguez e a Francisco Domínguez Soto os apercibimentos previos á execución subsidiaria do 3 de abril de 2018, para o cumprimento da obriga de repor derivada do expediente sancionador DH.D36.08189.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, os interesados poderán comparecer, no prazo de trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado requirimento e constancia de tal coñecemento, prazo durante o cal poderán acreditar o seu cumprimento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra este apercibimento poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o director de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 123 e 124 da LPAC, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da sua comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2018

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia