Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2018 Páx. 29646

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento de Cambre no ámbito da N-VI.

O Pleno Municipal de Cambre, na súa sesión ordinaria do 31 de maio de 2018, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento de Cambre no ámbito da N-VI, redactado polo arquitecto Alfonso Díaz Revilla de Oficina de Planeamiento, S.A. O que se fai público para xeral coñecemento.

Tanto este instrumento de planeamento como o seu expediente se someten a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes.

O expediente poderá ser consultado nas oficinas da Área de Urbanismo deste concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Cambre, 5 de xuño de 2018

O alcalde
P.D. (Resolución 1841/2016, do 18 de novembro)
Juan González Leirós
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo,
Obras e Medio Ambiente