Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2018 Páx. 29645

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de convocatoria do proceso de selección para a contratación dun/dunha auxiliar de biblioteca.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 7 de xuño de 2018, convócase o proceso de selección para a contratación dun/dunha auxiliar de biblioteca, asimilado ao grupo C, subgrupo C2, e cun nivel 12 de complemento de destino, cunha xornada de 37 horas e media semanais, baixo a modalidade de funcionario interino, para a realización do Programa de apoio á biblioteca pública municipal Rosalía de Castro, durante a implantación do sistema integrado de xestión (KOHA).

O período de duración será de cinco meses e rematará, en todo caso, o día 31 de decembro de 2018.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación é de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As bases estarán á disposición dos interesados nas oficinas municipais e na páxina web do concello, e tamén serán publicadas no BOP.

Arzúa, 12 de xuño de 2018

José Luis García López
Alcalde