Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2018 Páx. 29551

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (816/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 816/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Martínez Fernández contra o Fondo de Garantía Salarial, administrador concursal de Intersteel Structures, S.L.P., Intersteel Structures, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza, cuxo fallo di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Rubén Martínez Fernández, contra a entidade Intersteel Structures, S.L. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Intersteel Structures, S.L., e a súa administración concursal, a que aboe ao demandante a cantidade de 6.638,70 euros por indemnización por despedimento, e 2.266,77 euros líquidos, por parte proporcional de pagas extra de 2016 e a compensación económica polas vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais e, se é o caso, os fixados no artigo 59 da Lei 22/2003, do 19 de xullo, concursal, desde o 24 de xullo de 2017.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Intersteel Structures, S.L., que se encontra en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza