Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2018 Páx. 29629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 5 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-CO-1450/2017-TRA e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-CO-1450/2017-TRA e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º, A Coruña, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 5 de xuño de 2018

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-1450/2017-TRA

Manuel Ángel Rego Gude

52931540F

Proposta

A Xunqueira, 13, 1º B, Aguiño, Ribeira

PSC-CO-0028/2018-PPM

Severo Boullón Ronquete

53481800S

Proposta

Corredoira de Luis Cadarso, 68, 4º, Noia

PSC-CO-0078/2018-PPM

Juan Manuel Pérez García

52938776K

Proposta

Lugar de Rosaledas, Lampón, 8, Boiro