Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2018 Páx. 29631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 5 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0005/2018-PPM e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0005/2018-PPM e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 5 de xuño de 2018

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0005/2018-PPM

José Antonio Tajes Castro

46909154X

Resolución

Padre Sarmiento, 4, A Coruña

PSC-CO-0071/2018-PPM

Francisco Domínguez Castro

76778104X

Resolución

San, 72, Abanqueiro, Boiro

PSC-CO-0076/2018-PPM

Antonio Outes Pérez

76326561A

Resolución

O Ézaro, s/n, Dumbría

PSC-CO-089/2018-PRE

José Sampedro Fernández

53481917V

Resolución

Rúa da Fonte, 3, Porto do Son