Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Cdad. Propietarios Manuel Rodríguez, 75-77.
Domicilio social: rúa Luis Taboada, 29, 5º esq., 36400 O Porriño.
Denominación: CT Manuel Rodríguez 77.
Situación: O Porriño.
Características técnicas: centro de transformación de 400 kVA, con RT 15 kV/400 V, situado na planta baixa do edificio situado na rúa Manuel Rodríguez, 77, no Porriño.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, DOG núm. 54, do 19 de marzo, esta xefatura territorial resolve:
Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 6 de marzo de 2018
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra