Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2018 Páx. 29612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización para transformar a gas natural a rede de GLP canalizado do núcleo urbano de Boiro e a solicitude de autorización de peche da planta de GLP na dita poboación, promovidas pola empresa Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2018/17-0).

Para os efectos previstos no artigo 46.bis, nos seus números 1 e 8 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Nedgia Galicia, S.A., con CIF número A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

O 20 de outubro de 2016 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se autorizou a transmisión das redes de distribución de GLP canalizado que Repsol Butano, S.A. tiña en oito núcleos de poboación da provincia da Coruña, entre os cales se encontra Boiro, a favor de Gas Natural Redes GLP, S.A. coa consecuente subrogación dos dereitos e obrigas asociados.

O 29 de maio de 2018 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se autorizou a transmisión das instalacións de distribución de GLP canalizado na localidade de Boiro (A Coruña) e da súa autorización administrativa, da sociedade cedente Gas Natural Redes GLP, S.A. a favor da sociedade adquirente Nedgia Galicia, S.A.

Obxecto da petición: o obxecto da petición é a autorización para transformar a gas natural a rede de GLP canalizado do núcleo urbano de Boiro (A Coruña), así como a autorización de peche da planta de GLP na dita poboación.

Descrición das actuacións:

• Instalación dunha planta provisional de GLP para realizar a transición a gas natural, cunha capacidade de almacenamento de 9,76 m3 (dous depósitos aéreos de 4,88 m3 de capacidade unitaria), con vaporizador interno, e que se situará ao oeste do núcleo urbano de Boiro, na rúa Corrillo, s/n, na parcela con referencia catastral 9117813NH0291N0001EO.

• Desconexión, inertizado e desmantelamento da planta de GLP existente no Polígono Empresarial de Espiñeira (Boiro), na parcela de referencia catastral 0138927NH1203N0000JK, formada por dous depósitos aéreos de 49,5 m3 de capacidade unitaria.

• Instalación dunha planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e conexión coa rede existente de GLP. Esta planta de GNL, que é obxecto doutro expediente (IN627A 2018/15-0-0), situarase na mesma parcela que o centro de almacenamento existente de GLP e realizará a subministración de gas natural en MOP 3,5 bar.

• Sectorización da rede existente de GLP (23 uds.): instalación de 18 válvulas na rede existente de GLP, interconexionado da rede GLP para crear sectores adxacentes, cambio das características do gas GLP (propano) a gas natural, conversión a gas natural da rede de distribución de GLP existente en diversas rúas do municipio e aumento de presión da rede de distribución.

Termo municipal: as solicitudes afectan o termo municipal de Boiro, na provincia da Coruña.

Orzamento: cento sesenta e cinco mil douscentos sesenta e oito euros con sesenta e oito céntimos (165.268,68 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación desta resolución. O correspondente proxecto poderase examinar na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas