Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2018 Páx. 29614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 1 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de requirimento de documentación do expediente SAI IN2017/142, de inspección en materia de seguridade industrial.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se poidan efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE. Igualmente, e en virtude do disposto no citado artigo 44, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Polo anterior e logo de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido a interesada que se relaciona no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Así mesmo, infórmase a interesada de que os expedientes están á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias do Servizo de Administración Industrial na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, na rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar (Edificio Administrativo Monelos), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 1 de xuño de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesada

NIF

Acto que se notifica

Municipio

SAI IN2017/142

Anseca de Solcrisal, S.L.

B70105622

Requirimento de documentación

Culleredo