Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2018 Páx. 29521

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 8 de xuño de 2018 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia das persoas que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 25 de febreiro de 2016.

En virtude da Resolución do tribunal do 16 de abril de 2018 (DOG número 80, do 25 de abril) elevouse a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 25 de febreiro de 2016 (DOG número 45, do 7 de marzo).

Unha vez verificados os requisitos exixidos nas bases da convocatoria e realizado o acto de elección de destino previsto na Orde do 24 de maio de 2018 (DOG número 103, do 31 de maio), esta consellería, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e adxudicarlles destino definitivo ás persoas que figuran relacionadas no anexo.

Segundo. As persoas nomeadas persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e adxudicatarias definitivas dos postos de traballo relacionados no anexo disporán do prazo dun mes para tomaren posesión dos seus destinos, de conformidade co disposto no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición, perante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, de acordo cos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Núm.

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Grupo

Categoría

Denominación

Código do posto

Centro de destino

Centro directivo

Concello

1

76873358K

Souto Sieiro, María

Excedencia voluntaria por incompatibilidade prevista no artigo 24.5 do V Convenio

2

48897363F

González Fontanals, Carlos

4

V

3

Ordenanza

PSC9932001900

Consellería de Política Social

Xefatura Territorial de Ourense

Ourense

3

44817598M

Martínez Gomila, Francisco Javier

2

V

3

Ordenanza

PRC0215770900

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

4

32844488M

Barreiro Barco, Magdalena

3

V

3

Ordenanza

SAC9915001900

Consellería de Sanidade

Xefatura Territorial da Coruña

A Coruña

5

44813570W

Carballo Benito, Manuel

1

V

3

Ordenanza

PX10115770900

Presidencia da Xunta de Galicia

Secretaría Xeral da Presidencia

Santiago de Compostela

6

44473823B

Rey González, Jacobo

5

V

3

Ordenanza

MRC9932001900

Consellería do Medio Rural

Xefatura Territorial de Ourense

Ourense