Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29326

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4901/2017 IP).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4901/2017 IP

Xulgado de orixe/autos: p. de oficio autoridade laboral 749/2013. Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogado/a: letrada da Tesouraría da Seguridade Social

Recorridos: Disvifan, S.L., Rumilda Pastora Ayala Estigarribia, Yohana Moreno Sanabria, Nélida Rafaela González Sánchez, Liliana Concepción Mareco Santacruz, Alane Cristina Bezerra Silva

Avogado/a: Ángel Dacal Jardón

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4901/2017 desta sección, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Disvifan, S.L., Rumilda Pastora Ayala Estigarribia, Yohana Moreno Sanabria, Nélida Rafaela González Sánchez, Liliana Concepción Mareco Santacruz, Alane Cristina Bezerra Silva, sobre outros dereitos laborais, ditouse a seguinte resolución:

A sala acorda que procede a aclaración da sentenza do vinte e oito de febreiro de dous mil dezaoito, nos termos solicitados, no sentido de incluír na parte dispositiva da sentenza o número da acta de infracción 1362013000023825.

Notifíquese ás partes, advertíndolles que contra esta resolución non cabe recurso ningún. Non obstante o dito no parágrafo anterior, entre tanto debe entenderse que este auto se integra na resolución que aclara, corrixe, emenda ou complementa, o prazo para interpoñer o recurso que coubese contra a devandita resolución reiníciase a partir do momento en que as partes sexan notificadas deste auto. Se algunha das partes interesadas nestas actuacións tiver xa presentado, preparado ou anunciado o pertinente recurso contra a resolución aclarada, corrixida, emendada ou complementada, a súa actuación repútase válida para todos os efectos, sen prexuízo dos cales, á vista deste auto, poida completala no prazo que con el se abre.

Así por este auto, acórdano, mándano e asínano comigo, secretario da sala, que dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Yohana Moreno Sanabria, Pastora Ayala Estigarribia, Liliana Concepción Mareco Santacruz, Elena Londoñao Holguin, Reylla Cristina Dias Aruda Chasgas, Nélida Rafaela González Sánchez, Norma Alejandra Benítez, Stella Osaguie, Viorica Corne, Hevelly Olivera Marques Duraes, Sonia Regina Riveiro e Kelyn Morena Guzmán, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza