BDNS (Identif.): 403045.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Entidades beneficiarias
Asociacións de amigos do Camiño de Santiago e aqueloutras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación.
Segundo. Obxecto
Fomentar a estabilidade e consolidación das asociacións de amigos do Camiño de Santiago e aqueloutras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, como entidades imprescindibles no fomento da peregrinación xacobea, na acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago e na promoción da cultura xacobea.
Terceiro. Bases reguladoras
As publicadas segundo o anuncio polo que se realiza a convocatoria para asociacións e entidades que teñen como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación.
Cuarto. Crédito orzamentario
Importe: 90.000 €; aplicación orzamentaria 201804A2761A441.11.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2018
Rafael Sánchez Bargiela
Director xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo