Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2018 Páx. 29374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica unha serie de resolucións como consecuencia dos recursos de alzada interpostos contra o acordo de concentración parcelaria de Cures-Boiro (Boiro-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días (10) hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, sitas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesados

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

María Luisa Casais Laíña

Resolución

Cures-Boiro (Boiro-A Coruña)

María Romero Romero

Resolución

Cures-Boiro (Boiro-A Coruña)

Joaquín García Resúa

Resolución

Cures-Boiro (Boiro-A Coruña)