Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 28968

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 741/2016 MAFC).

PO Procedemento ordinario 741/2016 MAFC

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Oliver González Rama

Avogada: María Sol Romero Salgado

Demandados: Fogasa, Iberdrola, S.A., Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., Asesoría Aplicada a la Energía del Noroeste Slaaenor, S.L., Asesoría Moreira Renovables, S.L., Amores, S.L.

Avogado: letrado do Fogasa

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario PO 741/2016 MAFC deste xulgado do social, seguido por instancia de Oliver González Rama contra Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., Iberdrola, Asesoría Aplicada a la Energía del Noroeste Slaaenor, S.L., Asesoría Moreira Renovables, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se acordou citar a Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., Iberdrola, Asesoría Aplicada a la Energía del Noroeste Slaaenor, S.L., Asesoría Moreira Renovables, S.L. en paradoiro descoñecido, para que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707 Santiago de Compostela, o día 24.7.2018 ás 9.30 horas, co fin de celebrar os actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, quen poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer. Advírteselle que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán pola falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten ao seu dispor, na oficina xudicial, a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión e tamén as demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Así mesmo, advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán mediante a fixación dunha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, deberá pór esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., Iberdrola, Asesoría Aplicada a la Energía del Noroeste Slaaenor, S.L., Asesoría Moreira Renovables, S.L., así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 25 de maio do 2018

A letrada da Administración de xustiza