Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2018 Páx. 28951

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 4 de xuño de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de febreiro de 2018 (DOG núm. 36, do 20 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 (DOG núm. 69, do 7 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das alegacións presentadas, cambiar as respostas consideradas como correctas das preguntas 11, 57 e 69 do cuestionario de acceso libre, pasando de C), B) e B), respectivamente, a A), D) e D), respectivamente.

Segundo. Á vista das alegacións presentadas, cambiar as respostas consideradas como correctas das preguntas 37 e 49 do cuestionario de promoción interna, pasando de B) e B), respectivamente, a D) e D), respectivamente.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 12,5 puntos, fixándose en 36 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación na quenda de acceso libre e de 27 na quenda de promoción interna, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Cuarto. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Quinto. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal.

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. De acordo co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, os aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa (orixinais ou fotocopias compulsadas) de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro) pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

A persoa aspirante da quenda de promoción interna deberá asinar unha declaración segundo o modelo que figura como anexo III, que será validada pola Dirección Xeral da Función Pública segundo os datos que constan no seu expediente.

Oitavo. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2018

Alfonso Diéguez García
Presidente do tribunal