Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2018 Páx. 28870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de maio de 2018 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición contra a Resolución do 20 de abril de 2015 (expediente POL/49/2014-R1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 27 de abril de 2018, ditou resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto por José Ramón Salgueiro Méndez contra a Resolución do 20 de abril de 2015 ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se impón unha sanción a José Ramón Salgueiro Méndez e outra, como responsables da comisión dunha infracción grave tipificada na Lei 22/1988, do costas, en calidade de promotores das obras, e ordena a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior á comisión da infracción, a cuxo efecto deberán proceder á completa demolición da totalidade das construcións e instalacións sitas no lugar de Arnosa, 38, Vilalonga, no termo municipal de Sanxenxo, Pontevedra, confirmando en consecuencia a resolución impugnada e alzando a suspensión do acto administrativo obxecto de impugnación.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a José Ramón Salgueiro Méndez, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.2ª, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística