Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2018 Páx. 28867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 22 de maio de 2018 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Melayro III.

Visto o expediente instruído para os efectos da transmisión da batea Melayro III e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 23 de abril de 2018, Elena Rodríguez Freire (33285276K), Montserrat Celia Rodríguez Freire (33285277E) e Elena Freire Mayo (76446777K) solicitan autorización para a transmisión da concesión administrativa e da batea Melayro III.

Segundo. As solicitantes presentaron a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas dirección xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG núm. 180, do 21 de setembro).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro) e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126 do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos a favor de Mejilloneras Evama, S.L. (B-70503446) da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Melayro III.

Situación:

Cuadrícula nº: 43.

Polígono: B.

Distrito: Muros (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 27.5.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Elena Rodríguez Freire (33285276K), Montserrat Celia Rodríguez Freire (33285277E) e Elena Freire Mayo (76446777K).

Novo titular: Mejilloneras Evama, S.L. (B-70503446).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. As actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderáse interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 22 de maio de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña