Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2018 Páx. 28802

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia de determinados grupos e categorías correspondentes aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro.

Mediante Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 12 de decembro de 2017 (DOG núm. 238, do 18 de decembro), acordouse a apertura do prazo de presentación de novas solicitudes de incorporación a listas para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia de determinados grupos e categorías correspondentes aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo (DOG núm. 48, do 9 de marzo), modificado polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro).

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de incorporación a listas, por Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 9 de marzo de 2018 (DOG núm. 54, do 16 de marzo), fixéronse públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos.

Con data do 3 de abril de 2018 expirou o prazo establecido no punto terceiro da dita resolución para presentar reclamacións.

Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións presentadas, a Comisión Permanente constituída ao abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 37/2006, modificado polo Decreto 124/2016 (DOG núm. 178, do 19 de setembro), acordou na súa xuntanza do día 23 de maio de 2018 elevar ao titular da Dirección Xeral da Función Pública as listaxes definitivas de admitidos e excluídos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia e de conformidade co establecido no artigo 11 do decreto regulador, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal laboral do grupo IV, categoría 033 (bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba), e do grupo V, categoría 014 (bombeiro/a forestal).

Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Listas de contratación>; no servizo de atención e información á cidadanía a través do teléfono 012 (981 90 06 43 para chamadas realizadas desde fóra da Comunidade Autónoma de Galicia), e nas oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza).

As ditas listas incluirán a seguinte información:

• Solicitantes admitidos/as en cada lista con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006, modificado polo artigo 9.bis do Decreto 5/2007.

• Solicitantes excluídos/as con expresión da causa de exclusión.

Todas aquelas solicitudes presentadas para a incorporación ás listas de calquera outro grupo, escala, especialidade ou categoría diferentes ás correspondentes ao grupo IV, categoría 033 (bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba), e o grupo V, categoría 014 (bombeiro/a forestal), figuran excluídas por presentación fóra de prazo.

Terceiro. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As persoas excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, debendo consignar na petición o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, e copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.

Quinto. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE num. 236 do 2 de outubro), as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública