Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2018 Páx. 28586

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (57/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 57/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ignacio Lorenzo Rubín contra Cunsa Multiservicios, S.C., se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2018.

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución do Decreto nº 623/2017 de data do 6.11.2017 ditado no procedemento CUA 653/17 de data do 6.11.2017, a favor da parte executante, José Ignacio Lorenzo Rubín, fronte a Cunsa Multiservicios, S.C., parte executada por importe de 701,80 euros en concepto de principal (honorarios de letrado), máis outros 70,18 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a xuíz/a O/a letrado/a da Administración de xustiza

Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2018.

Parte dispositiva:

En orde a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Cunsa Multiservicios, S.C., co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 701,80 euros en concepto de principal (honorarios de letrado), máis outros 70,18 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0057 18), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Cunsa Multiservicios, S.C., co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Cunsa Multiservicios, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza