Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2018 Páx. 28580

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (496/2017).

Eu, Mª Manuela García Jalón de la Lama, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, fago saber que nos autos de xuízo verbal número 496/2017 se ditou Sentenza número 12, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza

En Santiago de Compostela o 15 de xaneiro de 2018.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal número 496/2017, seguidos por instancia de Alenti Soluciones para Eventos, S.L., representado pola procuradora Sra. Figueroa Herrero e baixo a asistencia letrada da Sra. González Granxeiro Real, contra Galimmusic Producciones Audiovisuales, S.L., emprazada por edictos, en situación de rebeldía procesual.

(…)

Resolución

Estímase a demanda presentada pola procuradora Sra. Figueroa Herrero, no nome e representación invocada e, en consecuencia, condénase a demandada Galimusic Producciones Audiovisuales, S.L. a aboar á demandante a cantidade de catro mil cento un euro con noventa céntimos (4.101,90 €) máis os xuros legais contados desde a data de interposición da demanda, así como ao pagamento das custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación.

Así o acorda, manda e asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación a Galimusic Producciones Audiovisuales, S.L., e a súa publicación no DOG e no taboleiro deste xulgado, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza