Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2018 Páx. 28664

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Galega de Automobilismo

ANUNCIO de creación de ficheiros de datos de carácter persoal con titularidade pública.

Por Acordo da Xunta Directiva do 17 de maio de 2018, da Federación Galega de Automobilismo, con CIF Q8255003I, e domicilio na estrada de Vigo, nº 43, baixo, con código postal 32001 de Ourense, dado o exercicio das funcións e potestades públicas de carácter administrativo que ten atribuídas a Federación Galega de Automobilismo, adóptase o seguinte acordo:

A creación de ficheiros de datos de carácter persoal de titularidade pública da Federación Galega de Automobilismo, de acordo coa normativa de protección de datos de carácter persoal, artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e 52 e seguintes do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, de desenvolvemento da mencionada Lei orgánica. Acórdase, conforme a citada normativa, levar a cabo a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e incorpóranse, como anexo, os ficheiros de creación de datos de carácter persoal desta entidade para proceder posteriormente á súa incripción no Rexistro Xeral de Ficheiros de Datos na Axencia Española de Protección de Datos.

O acordo entrará en vigor o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e concederase un prazo de 30 días para alegacións por parte de terceiros, no caso de non producirse ningún tipo de alegación, o dito acordo de publicación entrará en firme o día seguinte á súa publicación, no caso de alegación, atenderase debidamente e publicarase o novo acordo.

Ourense, 16 de abril de 2018

Iván Corral Pérez
Presidente en funcións da Federación Galega de Automobilismo

ANEXO

Creación de ficheiros

Ficheiro: Ficheiro de xestión e tramitacións de federados.

a) Identificación do ficheiro, que indicará a denominación, así como descrición da súa finalidade e usos previstos:

a.1) Identificación do ficheiro: Ficheiro de xestión e tramitacións de federados.

a.2) Finalidade e usos previstos: xestión e tramitación dos datos identificativos dos membros de federados na Federación Galega de Automobilismo.

b) Procedencia dos datos:

b.1) Colectivos: membros federados da Federación Galega de Automobilismo.

b.2) Procedencia: o propio interesado ou o seu representante legal.

c) Estrutura básica do ficheiro e sistema de tratamento:

c.1) Estructura. Datos identificativos: nome e apelidos, NIF/DNI, enderezo postal, localidade, teléfono, fax e correo electrónico.

c.2) Outros datos: licenzas e permisos. Sancións, se for o caso.

c.3) Sistema de tratamento: mixto.

d) Comunicacións de datos previstos: organismos públicos con competencia na materia.

e) Transferencia internacional previstas a terceiros países: non están previstas.

f) Órgano responsable do ficheiro: Federación Galega de Automobilismo.

g) Servizos ou unidades perante os que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ou calquera dereito relativo á normativa de LOPD e RGPD, será dirixido por medio de carta a: Federación Galega de Automobilismo ou poderase dirixir persoalmente ás oficinas das súas dependencias, ou ben mediante e-mail: fga@fga.es, facendo referencia aos dereitos que se pretendan exercer e debe acompañarse a solicitude de copia do NIF/DNI correspondente. A dita solicitude dirixirase á delegada en Protección de Datos da Federación Galega de Automobilismo, con enderezo na estrada de Vigo, nº 43, baixo, con código postal 32001 de Ourense.

h) Nivel de medida de seguridade: nivel alto.