Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2018 Páx. 28663

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de seis postos de traballo de oficial de servizos xerais e subalternos.

No Boletín Oficial da provincia núm. 109, do 7 de xuño de 2018, publicáronse as bases xerais e específicas do proceso selectivo convocado para cubrir seis (6) postos de traballo de oficial de servizos xerais e subalternos, clasificados no grupo C2, polo sistema de concurso oposición quenda promoción interna, vacantes na relación de postos de traballo de persoal laboral fixo da Deputación de Pontevedra, incluídos na oferta de emprego público do ano 2017.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 7 de xuño de 2018

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2016007829, do 25.4.2016)
Carlos López Font
Deputado delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior