De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.
Polo anterior, e logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que constan no anexo por medio deste anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Os interesados poderán comparecer no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na Praza da Estrela, s/n 36201 en Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia del. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.
Vigo, 29 de maio de 2018
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Interesado |
Expediente |
Acto |
Concello |
C.P. Juan Bautista Andrade, 62 |
PO 17/2017-RAE |
Resolución |
Vigo |
C.P. Pardillo, 1 |
PO 20/2017-RAE |
Resolución |
Vigo |
C.P. Edificio A Ría, 42 |
PO 21/2017-RAE |
Resolución |
Poio |
C.P. Camiño da Pousa, 3 |
PO 23/2017-RAE |
Resolución |
Vigo |
C.P. Camiño da Pousa, 3 |
PO 24/2017-RAE |
Resolución |
Vigo |
Horvicasas 2002, S.L. |
PO 26/2017-RAE |
Resolución |
Vigo |
C.P. Isabel II, 3 |
PO 28/2017-RAE |
Resolución |
Vigo |
C.P. Isabel II, 3 |
PO 29/2017-RAE |
Resolución |
Vigo |