Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 11 de xuño de 2018 Páx. 28606

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 30 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente de reclamación eléctrica IN635A 2017/104-3.

Notifícase o interesado, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución do expediente de reclamación eléctrica que a continuación se relaciona no anexo, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día.

O interesado dispón dun prazo de dez (10) días a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto para presentar ante a xefatura territorial as alegacións que consideren pertinentes.

O expediente relacionado a seguir atópanse á disposición do interesado, na citada Xefatura Territorial de Ourense, rúa Curros Enríquez, 1, 4º.

Ourense, 30 de maio de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

Domicilio

IN635A 2017/104-3

Benito Vázquez Fernández

José Otero, 6, 4º B, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense)