Cumpridos os trámites previstos no artigo 85.7 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas pola Orde do 8 de setembro de 2017 da Consellería do Mar (DOG nº 180, do 21 de setembro), outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:
– Resolución: 29 de xuño de 2017.
Referencia: 12-10-65-C-2.
Obxecto: cambio de titularidade para ocupar unha parcela con destino a hotel-restaurante e instalacións anexas.
Porto: Pontedeume.
Concesionarios: María Purificación Regueira Vizoso e Constantino Nicolás Regueira Vizoso.
Prazo: ata o 15 de decembro de 2027.
Taxas: 9.676,8 € en concepto de TODP e o 2% do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.
– Resolución: 9 de xaneiro de 2018.
Referencia: 12-44-15-C-1.
Obxecto: explotación de instalacións de subministración de combustible a buques pesqueiros.
Porto: Porto do Son.
Concesionaria: Confraría de Pescadores de Porto do Son.
Prazo: 10 anos.
Taxas: 2.098,3 € en concepto de TODP e o 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.
– Resolución: 23 de marzo de 2018.
Referencia: 12-13-17-C-1.
Obxecto: explotación de local, parcela A3, para ensinanzas náuticas.
Porto: Sada.
Concesionario: Club Salvamento Sada.
Prazo: 10 anos.
Taxas: 22.987,65 € en concepto de TODP, será de aplicación a bonificación da taxa do 90 %, artigo 40.g) da Lei 6/2003, sempre que non exista explotación económica e se xustifique debidamente e o 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.
– Resolución: 12 de abril de 2018.
Referencia: 12-13-15-C-1.
Obxecto: ocupación da parcela D1 para a explotación de nave de almacenaxe e reparación de embarcación deportivas e de recreo.
Porto: Sada.
Concesionaria: Cadenote Yacht, S.L.
Prazo: 5 anos.
Taxas: 11.348,25 € en concepto de TODP e o 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.
– Resolución: 13 de abril de 2018.
Referencia: 12-50-17-C-1.
Obxecto: explotación de bar-cafetería da terminal comercial.
Porto: A Pobra do Caramiñal.
Concesionaria: Ana Isabel Dean Sieira.
Prazo: 15 anos.
Taxas: 7.502,16 € en concepto de TODP e o 2 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.
– Resolución: 13 de abril de 2018.
Referencia: 12-48-17-C-1.
Obxecto: explotación de bar-cafetería na nova lonxa de Ribeira.
Porto: Ribeira.
Concesionaria: Café Bar Nova Lonxa de Ribeira, S.L.
Prazo: 15 anos.
Taxas: 22.955,32 € en concepto de TODP e o 2 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.
– Resolución: 19 de abril de 2018.
Referencia: 13-24-17-C-1.
Obxecto: ocupación de dominio público portuario por liñas de baixa tensión.
Porto: Arcade.
Concesionaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Prazo: 10 anos.
Taxas: 45,62 € en concepto de TODP, o 1 % do importe neto da cifra anual de negocio xerado no ámbito da concesión, polo fornecemento a instalacións portuarias e o 2 % do importe neto da cifra anual de negocio xerado no ámbito da concesión, no seu caso polo abastecemento a outras actividades alleas ao porto.
– Resolución: 20 de abril de 2018.
Referencia: 14-05-68-C-1.
Obxecto: modificación substancial para incorporar a parte da edificación pertencente á extinta concesión 14-05-86-C-1 destinada a fábrica de xeo.
Porto: Burela.
Concesionaria: Confraría de Pescadores de Burela.
Prazo: ata o 22 de novembro de 2018.
Taxas: 274,99 € en concepto de TODP e 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.
– Resolución: 20 de abril de 2018.
Referencia: 14-05-17-C-1.
Obxecto: ocupación de edificación para explotación como usos múltiples pesqueiros que inclúen cámaras de frío, almacén de medios mecánicos, formación náutico pesqueira e oficinas administrativas da confraría.
Porto: Burela.
Concesionaria: Confraría de Pescadores de Burela.
Prazo: 10 anos.
Taxas: 6.953,47 € en concepto de TODP e o 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.
– Resolución: 3 de maio de 2018.
Referencia: 13-10-17-C-1.
Obxecto: ocupación de instalacións de dominio público portuario para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión da lonxa.
Porto: Portonovo.
Concesionaria: Confraría de Portonovo.
Prazo: 15 anos.
Taxas: 4.031,49 € en concepto de TODP e en concepto de ACIS o importe da taxa será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa.
– Resolución: 8 de maio de 2018.
Referencia: 13-30-17-C-1.
Obxecto: ocupación de instalacións de dominio público portuario para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión da lonxa.
Porto: A Guarda.
Concesionario: Confraría da Guarda.
Prazo: 15 anos.
Taxas: 1147,57 € en concepto de TODP e en concepto de ACIS o importe da taxa será de 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa.
– Resolución: 14 de maio de 2018.
Referencia: 13-20-66-C-1.
Obxecto: cambio de titularidade da concesión de ocupación de terreos con destino á construción e explotación de estación de servizo de carburantes de 3ª categoría.
Porto: Cangas.
Concesionaria: Gasdoca, S.L.
Prazo: ata o 15 de decembro de 2027.
Taxas: 965,29 € en concepto de TODP e o 1,5 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.
Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución facendo público o outorgamento.
Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2018
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia