Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2018 Páx. 28217

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle entre as rúas República Arxentina e Inferniño.

Considerando que mediante a Resolución do 2 de maio de 2018 se aprobou inicialmente o estudo de detalle entre as rúas República Arxentina e Inferniño, redactado por Isidro López Yáñez en abril de 2018. Parcelas con referencia catastral:

Ref. catastral

Sup. incluída no E.D.

5035007NG2953N

302 m2

5035017NG2953N

757 m2

5035018NG2953N

266 m2

5035019NG2953N

471 m2

5035030NG2953N

323 m2

Vía

363 m2

Total

2.483 m2

En cumprimento do disposto no artigo 194.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG) (DOG do 9 de novembro), por este anuncio publícase a citada resolución polo prazo dun mes no DOG, no taboleiro de edictos do Concello e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que as persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

A documentación sometida a exposición pública estará á disposición dos interesados nas dependencias do Servizo de Urbanismo, na casa do concello de Marín, sita na avenida de Ourense, s/n (36900 Marín) en horario de oficina, das 9.00 ás 14.00 horas.

Con independencia do trámite de información pública, resulta necesaria a citación persoal dos propietarios das parcelas incluídas no ámbito do estudo de detalle, segundo figuren no catastro. Para este efecto, publicarase un edicto no BOE que servirá de notificación aos propietarios que non puidesen ser citados persoalmente, conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Marín, 2 de maio de 2018

Mª del Pilar Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta