Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2018 Páx. 28219

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao amparo do establecido no Real decreto 702/2017, do 7 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2017, convoca probas selectivas para cubrir unha (1) praza de persoal laboral fixo polo procedemento de concurso-oposición:

– 1 responsable de recursos humanos e organización.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles no taboleiro de anuncios e na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.com, na páxina web do organismo Puertos del Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, nos rexistros a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, ou telematicamente a través da páxina web https://sede.apvigo.gob.es. Se o último día do prazo coincidir en sábado, domingo ou festivo, este finalizará no seguinte día hábil.

Vigo, 31 de maio de 2018

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo