Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2018 Páx. 28172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 31 de maio de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Curtis (expediente IN407A 2018/075-1).

Expediente: IN407A 2018/075-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: sub. Sidegada-Teixeiro 220 kV biomasa, reforma 66 kV e ampliación potencia.

Concello: Curtis.

Características técnicas:

Reforma do parque de 66 kV, para dar cabida a unha nova posición de liña 66 kV de xerador e para iso instalaranse:

1 módulo híbrido de transformador 66kV ABB modelo M00.

1 módulo híbrido de liña 66kV ABB modelo M00 (C.H. Gomil).

1 módulo híbrido de liña 66kV ABB modelo M00 (Biomasa Curtis).

1 módulo híbrido de acoplamiento lonxitudinal 66 kV ABB modelo M00.

Transformador de potencia trifásico de 150 MVA, 220/66 kV, ONAF, en substitución do actual trafo T-III de 75 MVA.

Para poder acometer a reforma será precisa unha fase intermedia en que se instalará un carretón móvil de 66 kV.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 31 de maio de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña