Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2018 Páx. 27894

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

EXTRACTO da Orde do 5 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a sufragar os gastos de aloxamento provisional e de reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018, con carácter plurianual (axudas de reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico).

BDNS (Identif.): 402465.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas destinadas a sufragar a reparación dos danos ocasionados nas vivendas e no seu enxoval doméstico pola explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018 (código de procedemento VI101B):

1. As persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias que sufrisen danos que afecten tanto a súa vivenda como o enxoval doméstico.

2. De conformidade co disposto no artigo 3 do Decreto 55/2018, do 31 de maio, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados pola explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018, as persoas beneficiarias das axudas están exentas do cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, agás o requisito sinalado na letra a) deste artigo.

Segundo. Finalidade

A presente orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar as axudas destinadas a reparar os danos ocasionados nas vivendas e no seu enxoval doméstico pola explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018 (código de procedemento VI101B).

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras destas axudas son as contidas na orde da convocatoria.

Cuarto. Crédito orzamentario

As axudas faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.80.451A.780.3 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia por importe de 5.070.000 euros para a ano 2018, 1.500.000 euros para o ano 2019 e 500.000 euros para o ano 2020.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de tres (3) meses, contados a partir do mesmo día da data de publicación desta orde no DOG, e rematará, en todo caso, co esgotamento da dotación orzamentaria da convocatoria, que se fará constar no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda