Convocada pola Resolución do 5 de marzo de 2018 (DOG núm. 65, do 4 de abril), a provisión de diversas prazas de coordinador/a de servizo de enfermaría do nivel de Atención Primaria da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG núm. 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, a xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela,
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de diversas prazas de coordinador/a de servizo de enfermaría do nivel de Atención Primaria da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, convocada pola Resolución do 5 de marzo de 2018 (DOG núm. 65, do 4 de abril).
Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.
Terceiro. Os aspirante seleccionados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión dos postos de traballo adxudicados deberán efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Cuarto. Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos expostos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2018
Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.
ANEXO
Denominación do posto: coordinador/a de servizo.
Servizo de Atención Primaria: A Estrada.
Apelidos e nome: Matalobos Luis, María Teresa.
DNI (*): *****291B.
Denominación do posto: coordinador/a de servizo.
Servizo de Atención Primaria: Negreira.
Apelidos e nome: Gil Rodríguez, María de la Cruz.
DNI (*): *****354D.
Denominación do posto: coordinador/a de servizo.
Servizo de Atención Primaria: Ordes.
Apelidos e nome: Martínez Reboredo, Andrés.
DNI (*): *****999A.
(*) Ocultase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.