Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2018 Páx. 27692

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO do ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Facenda e Persoal en relación coa aprobación inicial e o sometemento a información pública da modificación puntual ao texto refundido do Plan xeral de ordenación muncipal (expediente 270/17 M.P.).

Considerando que mediante o Acordo plenario do 9 de maio de 2018 se aprobou o ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Facenda e Persoal en relación coa aprobación inicial e o sometemento a información pública da modificación puntual ao texto refundido do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Marín para a delimitación do núcleo rural dos Candóns (expediente 270/17 M.P.), parcelas con referencia catastral:

36026A039002810001BY.

36026A039004460000LD.

E60600300NG28G (polígono 39-parcela 446).

36026A039004470000LX.

E60600400NG28G0001GB (polígono 39-parcela 447).

36026A039004550001BX.

36026A039004610000LW.

36026A039004620001LA.

36026A0390053200001BA.

36026A039005330000LL.

36026A039005350000LF.

E60600100NG28G0001AB (polígono 39-parcela 535).

36026A039005360000LM.

E60600200NG28G0001BB (polígono 39-parcela 536).

36026A039002820001BG.

En cumprimento do disposto no artigo 191 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG) (DOG do 9 de novembro), por este anuncio publícase o citado acordo polo prazo dous meses no DOG e en dous dos xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra, para que as persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

A documentación sometida a exposición pública estará á disposición dos interesados nas dependencias do Servizo de Urbanismo, na casa do concello de Marín, sita na avenida de Ourense, s/n (36900 Marín) en horario de oficina, das 9.00 ás 14.00 horas.

Con independencia do trámite de información pública, resulta necesaria a citación persoal dos propietarios das parcelas incluídas no ámbito da modificación puntual ao texto refundido do PXOM de Marín para a delimitación do núcleo rural dos Candóns, segundo figuren no Catastro. Para este efecto, publicarase un edicto no BOE que servirá de notificación aos propietarios que non puidesen ser citados persoalmente, conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Marín, 15 de maio de 2018

Mª del Pilar Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta