Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2018 Páx. 27690

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización da contratación dos servizos de soporte, mantemento e evolución dos sistemas de información para a xestión dos programas de diagnóstico precoz da Consellería de Sanidade (expediente AB-CON1-17-014).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-CON1-17-014.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizos de soporte, mantemento e evolución dos sistemas de información para a xestión dos programas de diagnóstico precoz da Consellería de Sanidade.

c) Lotes (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia núm. 189, do 4 de outubro de 2017.

Boletín Oficial del Estado núm. 235, do 29 de setembro de 2017.

Diario Oficial de la Unión Europea núm. 2017/S 178-364643, do 16 de setembro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado del contrato: 909.792 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 349.920 euros. Importe total: 423.403,20 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 31 de decembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 29 de xaneiro de 2018.

c) Contratista: Bahía Software, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 307.908 euros. Importe total: 372.568,69 euros.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos