Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2018 Páx. 27685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 28 de maio de 2018 polo que se somete a información pública o anteproxecto Instalacións náutico-deportivas no porto de Rianxo e o seu estudo de impacto ambiental presentados polo Club Náutico de Rianxo na tramitación da concesión de construción e explotación dunhas instalacións náutico-deportivas no porto de Rianxo.

O día 21 de decembro de 2016 o presidente de Portos de Galicia, con base no Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, acordou iniciar o trámite da concesión administrativa no dominio público portuario do porto de Rianxo con destino á construción e explotación dunhas instalacións náutico-deportivas, segundo a documentación presentada polo Club Náutico de Rianxo.

Durante a trámitación da concesión, o día 3 de maio de 2017 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático resolveu formular o informe de impacto ambiental en relación co proxecto Instalacións náutico-deportivas do porto de Rianxo. O dito informe de impacto ambiental determinou que o proxecto debía someterse a unha avaliación de impacto ambiental ordinaria.

En cumprimento do disposto no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, Portos de Galicia como órgano competente para autorizar o proxecto fai público o proxecto e o seu estudo de impacto ambiental para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia