Por Resolución da Alcaldía do 28 de maio de 2018, convócase proceso de selección para a contratación dun auxiliar da radio municipal, a xornada parcial, mediante o sistema de oposición libre.
O período de contratación é de dous meses e medio.
O prazo de presentación de solicitudes e documentación é de dez (10) días hábiles, contado desde o seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
As bases estarán á disposición dos interesados nas oficinas municipais, na páxina web do concello e tamén serán publicadas no Boletín Oficial da provincia.
Arzúa, 29 de maio de 2018
José Luis García López
Alcalde