Por Resolución da Alcaldía do 28 de maio de 2018, convócase proceso de selección polo sistema de concurso para a contratación de cinco peóns de servizos varios por un período de 5 meses e cunha xornada laboral de 25 horas semanais, para a realización dun programa de integración laboral.
O prazo de presentación de solicitudes e documentación é de dez (10) días hábiles, contado desde o seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
As bases estarán á disposición dos interesados nas oficinas municipais, na páxina web do concello e tamén sairán publicadas no Boletín Oficial da provincia.
Arzúa, 29 de maio de 2018
José Luis García López
Alcalde