Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27337

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 86/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 86/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gonzalo Barbeito Rey contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A. e o Fogasa, ditáronse as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

En Santiago de Compostela o catorce de maio de dous mil dezaoito.

Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución de sentenza número 548/17, do 11 de decembro, ditada no procedemento PO 727/15 a favor da parte executante, Gonzalo Barbeito Rey, fronte a Falcón Contratas y Seguridad, S.A. e Fogasa, parte executada, por importe de 2.096,97 euros en concepto de principal (1.471,30 euros en concepto de salarios, 425,67 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto á cantidade anterior, e 200 euros en concepto de honorarios de letrado) máis outros 209,69 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a xuíz/a

O/a letrado/a da Administración de xustiza

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o catorce de maio de dous mil dezaoito.

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Falcón Contratas y Seguridad, S.A. e o Fogasa, dar audiencia previa á parte demandante Gonzalo Barbeito Rey e ao Fondo de Garantía Salarial, por prazo de 15 días para que poidan sinalar a existencia de novos bens e, do seu resultado, acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza