Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27327

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 483/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 483/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emilia Andrade Gómez contra Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Fogasa, Gaviota Textil XXI, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Vainica Doble, S.L., Confecciones Ideal, S.L., administración concursal Confecciones Ideal, S.L. (Ana María Barreiro Martínez), administración concursal Plataforma Costurera, S.L. (José Antonio González Seoane), administración concursal Shivshi, S.L. (Alejandro Gimeno-Bayón Forteza), administración concursal Gaviota Textil XXI, S.L. (Calero Guillán, S.L.P.), administración concursal de Deus Creaciones, S.L., administración concursal de Confecciones Deus, S.L., administración concursal de Costura Invisible, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L. e Plataforma Costurera, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 2 da Coruña. Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 483/2017.

Demandante: Emilia Andrade Gómez.

Letrada: Sra. García Pombo.

Demandados: Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Rogelio Bodelo Pichel, que non comparecen.

Letrado:

Administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Gaviota Textil, S.L., que non comparecen.

Gaviota Textil, S.L.

Letrado: Sr. Millán Cidón.

Administración concursal de Confección Ideal, S.L. Comparece a Sra. Suárez Gestal.

Sentenza.

A Coruña, 1 de marzo de 2018.

Resolvo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Emilia Andrade Gómez contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno as demandadas a que readmitan inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou ben, á elección das empresas, a que extingan a relación laboral, con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

A dita opción deberase exercer en cinco (5) días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberán aboar as empresas solidariamente, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

En concepto de indemnización, e de optar as empresas por ela, a cantidade de 6.212,20 euros.

En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 34,90 euros/día.

3º. Desestimo a acción de despedimento formulada pola demandante contra Gaviota Textil XXI, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Rogelio Bodelo Pichel, polo que deberán ser absoltos de todo pedimento dirixido contra eles.

O Fogasa e a administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Gaviota Textil, S.L. deberanse ater ao resolto nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data. Do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confecciones Deus, S.L., Punta Elaborada, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, Gaviota Textil XXI, S.L., Deus Creaciones, S.L. e Confecciones Fraga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza